Mostrar mensagens com a etiqueta Hª DE ROMA. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Hª DE ROMA. Mostrar todas as mensagens

sábado, 3 de março de 2012

"in toga candida": ou de onde vén a palabra "candidato" (e outro rollo sobre as eleccións municipais romanas).


Na antiga Roma, para os aspirantes a maxistraturas, fosen da Urbs ou de calquera das cidades do imperio, había un procedemento de elección reglado, que coñecemos polas leis ou fragmentos de leis municipais conservadas e polo Commentariolun petitionis, coñecido como Breviario de campaña electoral, de Quinto Tulio Cicerón – o irmán do grande orador –, traducido ao galego por Positivas. 

Os maxistrados eran os distintos encargados do poder executivo nas cidades - incluída a propia Roma -, elixidos polos cidadáns (cives) para o periodo dun ano. As maxistraturas caracterizábanse pola anualidade, a colexialidade (cada maxistratura era desempregada por dúas persoas, con dereito de veto mutuo) e a gratuidade. Esta condición non remunerada dos cargos municipais facía que só os membros da plutocracia poidese desempregar as maxistraturas - aínda que todo cives tiña o dereito a presentarse -, pois o cargo incluía a obriga de contribuír ao sostemento da vida municipal, coa edificación de obras públicas, a organización de espectáculos, a financiación de distintos servizos e os repartos de cartos ou produtos alimenticios.  

Para ser maxistado municipal era requisito ter nacido libre, ter todos os dereitos cidadáns (dereito a contraer matrimonio plenamente válido, ius commerci ou exercicio do dereito de propiedade, dereito a voto e ius honorum ou elixibilidade para os cargos públicos), unha  determinada capacidade económica e unha idade mínima, fixados nas leis municipais.

Tempo antes de terse que elixir unha determinada maxistratura, fixábase por edicto o día da convocatoria de eleccións, poñéndose en coñecemento do pobo mediante pregoeiros (praecones).
Cada un dos aspirantes á maxistratura habían de facer unha declaración persoal e debíase comprobar se eran ou non elixíbeis para o cargo. Feita a comprobación, elaborábase unha lista oficial de candidatos, que se transcribía en táboas enxesadas (tabulae dealbatae), fixadas nun lugar público.
O periodo entre a promulgación do edicto de eleccións e o día da votación era o tempo do ambitus: a campaña electoral, durante o cal os aspirantes á maxistratura debían vestir unha toga branca (ir in toga candida). 
Así, in toga candida, os "candidatos" (=os que levan a toga branca), acudían ao foro, xunto con clientes ou partidarios, para convencer aos posíbeis electores. Ademais do intento de convencemento oral, os siareiros de cada candidato, pola noite, escribían nas paredes das casas os datos dos seus candidatos, aludindo aos seus méritos. Coñécense estes graffitti electorais en Pompeia, onde tamén se atopan casos de contrapropaganda, tildando a determinados candidatos de ladróns ou vagabundos. Pero, ollo, non había "barra libre", pois existían prescripcións específicas para velar por unha honesta campaña electoral e contra a corrupción (as leges de ambitu), coma a que prohibía ofrecer banquetes públicos, regalos e festas por parte do candidato, contida na lex Ursonensis  (de Osuna), no artigo 132.

Así, o candidato era aquel que vestía a toga candida, branqueada con xeso ou almidón, que simbolizaba a pureza.
Candidato, o que leva a toga cándida, símbolo da pureza (ou iso se supón).


bibliografía e recursos

- ROLDAN HERVAS, J. M.: Historia Antigua de España I. Iberia prerromana, Hispana republicana y alto imperial, Madrid, UNED, 2001.
-  http://brendayenerich.escritoresdepinamar.com/etimologia-candidato

quinta-feira, 11 de dezembro de 2008

CRONOLOXÍA IMPERIO ROMANO


Descargar aquí.
* Con algún tema do Baixo Imperio.

terça-feira, 2 de dezembro de 2008

Hª de Roma (Iª parte)

ESQUEMAS E RESUMOS QUE FIXEN…
· CADROS CRONOLÓXICOS

- Cadro cronolóxico do mundo mediterráneo occidental dende o s. VIII a. C. ó 500 a. C. (en castelán). Descárgao aquí.

- Cronoloxía da República Romana nos s. V - IV - III a. C. Descárgao aquí.

· ESQUEMAS-RESUMO

Non che estou aló moi orghullosa de como preparei esta asignatura que, por outra parte, me gusta tanto; practicamente só usei o manual da UNED. Algúns dos esquemas poden aproveitarse, creo que son bastante claros, pero sempre baixo a óptica de que son meros esquemas de estudo para aprobar Hª de Roma pola UNED. Se lle “valen” a alguén, que lle presten.
(Pica sobre o título para descargar).

- ROMA MONÁRQUICA.
Está bastante clariño e ten mapas e cadros explicativos.









* Bibliografía básica da 1ª parte da asignatura:

- VÁZQUEZ HOYS, Ana Mª. Historia de Roma (vol I e II). Uned.

* Os libros teñen moitas láminas moi útiles (fotos, mapas, croquis…) e esquemas de contidos que axudan ó estudo. Aportan moita información (demasiada ás veces, mesmo superflua) que, nalgúns temas está, na miña opinión, mal ordenada.