domingo, 6 de dezembro de 2009

Sobre o sistema Bach

Coñécese por "sistema Bach" o "réxime" político do Imperio Austríaco de Francisco Xosé (1848 - 1916) instaurado tras as fracasadas revolucións democráticas e nacionalistas de 1848, tomando o nome de Alexandre Bach (1852 - 1859), ministro do Interior.O "sistema Bach", oposto ao constitucionalismo, caraterizouse polo centralismo, o reforzamento do exército e a policía, a alianza ca Igrexa católica e o impulso a comercio, industria e transportes.
Un liberal da época dixo do "sistema Bach" que consistía en:

... un exército en pé de soldados, un exército sentado de funcionarios, un exército axeonllado de curas e un exército reptante de soplóns.

De: 
- PALMER & COLTON; Historia Contemporánea. Akal, 1980.

segunda-feira, 30 de novembro de 2009

Sobre as mulleres vikingas

O poeta musulmán Tamman ibn Alqama cita a un dos embaixadores andalusíes en terras vikingas, al-Gazal, que conta que oíu da raíña vikinga o seguinte:
... os celos non existen nos nosos costumes. Entre nós, as mulleres non están cos seus maridos senon mentras que elas non o teñen a ben, e unha vez que os seus maridos deixaron de agradarlles, abandónanos.

De: 
- MARTÍN, J. LUIS. La España medieval. Historia 16.

domingo, 29 de novembro de 2009

Intro: historia medieval s. VIII - XI.

Introducción á historia da Idade Media da Península Ibérica (s. VIII - XI). Ver aquí.
Tema 5 da asignatura Historia Medieval de España.
*** ERRATAS ***


- No epígrafe Marwan II di califato onde debería dicir emirato.
- Final do Emirato de Córdoba: 929, non 912.
- Reinos de Taifas: 1031, non 1035.

terça-feira, 24 de novembro de 2009

quinta-feira, 3 de setembro de 2009

PINTURA E MOSAICO EN GRECIA

Pintura e mosaico en Grecia: esquema. Aquí (en castelán; con láminas).

Bibliografía

· GUIRAL PELEGRÍN, Carmen y ZARZALEJOS PRIETO, Mar. Arqueología (I). Uned, 2003.